Páginas

martes, 10 de diciembre de 2013

Unidade Didáctica: O Apalpador

Ilustración de Leandro Lamas

Sabíades rapaces que o Apalpador é un home xigante que vive nas montañas, ten unha gran barba vermella, usa boina, viste unha casaca esfarrapada e chea de remendos, leva zocas e gústalle fumar en pipa? ou que traballa facendo carbón, e aliméntase con bagas silvestres, castañas, noces...e dos animais que el mesmo caza? ou que baixa das espesas devesas na noitiña do 31 de decembro, a noite do Ano Vello e palpa as barrigas ás meniñas e meniños? 
Toda a información desta figura do Nadal galego poderédela atopar nesta unidade didáctica elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. Nela encontraredes moitos recursos: vídeos, cancións e cantigas, xogos, libros publicados sobre este personaxe...
Esperamos que vos sexa de utilidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario