O noso alumnado de 3º quedou sen visita de compañeiros
doutros niveis para que puidesen disfrutar dos Brozo-retos matemáticos que se fixeron en todo o cole no 1º trimestre, así que Brociños tivo unha idea xenial: agasallar aos rapaces cunha Oca Escornabótica para poñer a proba as súas
destrezas matemáticas.
Unha vez que as profes María e Pepa explicaron os sinxelos
movementos dos escornabots tocaba tirar os dados e responder con dilixencia
matemática ás preguntas relacionadas coas táboas, os problemas matemáticos, as
horas, a colocación das cifras por unidades, decenas, centenas, millares, e... xa
sabedes, usando o escornabot como ficha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario