lunes, 4 de noviembre de 2013

DeCuentos: unha excelente app literaria

Xa podedes disfrutar nos iPads da nosa biblioteca desta marabillosa app de vídeo-relatos gratuíta creada polo Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (CILIJ) que reivindica o valor dos contos e a narración oral. Contén unha selección de vídeos con historias tradicionais e modernas, contadas con diferentes técnicas, que se renovará co engadido de contos novos. 

Esta app permítevos:
Descargar os vídeos ao dispositivo.
Crear as vosas listas de contos favoritos.
Compartir os que máis vos gusten.


Esperamos que gocedes desta app, ideal tamén para as sesións semanais do proxecto lector nas aulas do centro provistas de iPads.

No hay comentarios:

Publicar un comentario