martes, 13 de noviembre de 2018

Mes da Ciencia na biblio


Para celebrar o mes da Ciencia facemos unha breve selección de títulos para nenos e nenas curiosas, que podedes encontrar na biblioteca, con experimentos sinxelos e apaixonantes, cos que poderedes facer un novo descubrimento científico cada día do ano. 



Tamén encontraredes libros para aprender como os científicos explicaron o mundo que nos rodea, entender por que os descubrimentos do pasado seguen sendo importantes ou explorar as ideas máis desconcertantes da ciencia moderna.



A vindeira semana temos unha serie de actividades programadas para o alumnado de 5º e 6º que non vos podedes perder, sobre todo porque serán explicadas por nenos e nenas de 2º. 
Con que experimentos sorprenderannos?

martes, 6 de noviembre de 2018

miércoles, 31 de octubre de 2018

Os imPrescinDiBles


Vimos de rematar a celebración da nosa Semana das Bibliotecas, e como vos dixemos esta vez fomos nós, en vez de vir vós. Durante toda a semana o Equipo de biblioteca visitou todos os cursos de primaria para presentar o itinerario lector que vén para quedar. Tres libros por nivel en forma de agasallo que farán do Proxecto Lector dos venres un día diferente. Dende 1º ata 6º de educación primaria vos acompañarán non só clásicos da literatura universal senón tamén, e incluso con maior motivo, clásicos da literatura galega. A mestra e o Zorro, Cartas de Inverno,  Alicia en el país de las maravillas, Cuentos en verso para niños perversos, 20.000 leguas de Viaxe submarino, Fábulas de Esopo... Todos pensados para axudarvos a descubrir as infinitas historias que os libros agochan. Necesitabamos unha voz que lle dera forza a esas historias... e quen mellor que os vosos titores e titoras?



Os peques de Educación Infantil tamén teñen os seus imprescindibles: Un pequeno que non quere crecer, poemas e contos de Gloria Fuertes e unha nena que terá que seguir o camiño de baldosas amarelas. A puntiño de chegar as súas aulas.

lunes, 29 de octubre de 2018

Novidades Novembro


Monstros, bruxas, vampiros, homes lobo... adiantámosvos as novidades de novembro xa que pronto celebraremos o Samaín con novas historias de medo que son, sen dubida, as vosas favoritas. Historias de acción, aventura e intriga para espertar a imaxinación e axudarvos a afrontar os vosos temores e a liberar tensións!

martes, 23 de octubre de 2018

Semana das Bibliotecas


Xa está todo listo para que celebremos a Semana das Bibliotecas. Está vez non ides vir vós, imos ir nós.. o Equipo de Biblioteca visitará todas as aulas cun agasallo en forma de libros que buscan lectores. Que libros serán? Pois non volo vamos contar... E ata aquí podemos ler. Só decir que os Proxectos Lectores dos venres van a ser moi distintos.

miércoles, 10 de octubre de 2018

Calvin sabe ler...


Este ano un pequeno estorniño chamado Calvin axudounos a recibir aos pequenos e pequenas de 1º EP e a os seus profes. Mentres os demais estorniños dedicabanse a perseguir vermes e aprender a voar, Calvin convertiuse nun ratón de bibloteca (que saibades que non lle gusta nada que o chamen así, pero seguro nos perdoa). Aprendeu sobre dinosaurios e cavernícolas, sobre planetas e piratas... Con Calvin aprendemos o importante que son as bibliotecas pero sobre todo o valor da familia e dos amigos. 
Non houbo mellor ocasión que esta para facer entrega dos nosos Broci-Colgantes que, co seu conxuro máxico, axudarán aos peques a aprender a ler.

domingo, 30 de septiembre de 2018

Novidades de outubro


O noso estante de novidades está cheo e aínda nos quedan caixas por abrir con cómics, poemas e historias que buscan lectores. Aquí tedes un adianto para comezar o ano.

viernes, 28 de septiembre de 2018

Arrancamos...

Xa estamos a toda máquina. Todo colocado e preparado para recibirvos de novo na biblioteca. Arrancamos con forza e moita ilusión. Imos repasar a nosa lista de tarefas:
  • Servizo de préstamo: Listo (con andeis cheos de novidades).
  • Broci-chaveiros co seu conxuro: Repartidos e convertendo xa aos nosos pequenos e pequenas nos mellores lectores do mundo enteiro.
  • Mochilas Viaxeiras: Preparadas para ir ás vosas casas.
  • Club de Lectura: Listo
  • The English Fanatics Club: Ready
  • Mini-bibliotecarios: Recibindo solicitudes e valorando méritos.

E ata aquí podemos ler porque queremos reservarnos algunha sorpresa. A ver que nos depara este curso...


jueves, 21 de junio de 2018

Marcho que teño que marchar

A despedida do alumnado de 6º serve tamén para que o Equipo de Biblioteca se despida. Queremos dar moitas grazas a moita xente... Aquí imos...
  • Grazas aos pequenos e pequenas que nos contaxian de entusiasmo e ilusión en todo o que facemos.
  • Grazas aos profes, que contrúen a biblioteca cada día e fan que sexa un lugar vivo, en constante movemento, con sitio para todos e todas, onde aprender en horizontal e non en vertical.
  • Grazas a ANPA e a todas as familias, porque sabemos que estades aí detrás, sempre apoiándonos e compartindo o que facemos.
  • Grazas por último aos nosos Mini-Bibliotecari@s, o mellor do Equipo da Biblioteca, e a todo o alumnado de 6º, que despedimos cun verso e os mellores desexos de futuro.
Jamás un conato de daros la vuelta
Jamás una huida, por muchos que sean
Jamás ningún miedo, y si acaso os diera,
Jamás os lo noten, que no se den cuenta.
Jamás un "me rindo", si no tenéis fuerzas

Aunque fuese a gatas, llegad a la meta.
Que nadie os acuse... ¡miradme a la cara!
Que nadie os acuse de dejar a medias un sueño imposible... 
(Si es que los hubiera)
Yo no los conozco,
Y mira que llevo yo sueños a cuestas...

Texto: Magdalena Sánchez Blesa


lunes, 18 de junio de 2018

Concurso Atrapa-Palabras: esperta a túa mente


Desde a Biblioteca queremos felicitar a todo o alumnado de 2ºE por participar no concurso de creación literaria ATRAPA-PALABRAS e en especial ao gañador Xurxo Varela Bello por levar o 1º premio na categoría de poemas. Parabéns!!


domingo, 17 de junio de 2018

Por un verán intenso

... E con moitos libros que nos acompañen. E por se tedes dúbidas para escoller aquí van as nosas recomendacións, feitas en colaboración co EDLG. Por primeiro ano inclúensen tamén recomendacións para as familias: algo de ficción e un pouco de educación porque temos un obxectivo común: axudar aos cativos e cativas a ir crecendo ata que poidan voar sós.


Para axudar a que a lectura sexa todavía máis divertida no verán, o Equipo de Biblioteca deseñou tamén un BINGO LECTOR e o reto que levades é que todas os cadros veñan tachados en setembro.