Mostrando entradas con la etiqueta Boletín de novidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Boletín de novidades. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de mayo de 2019

Novidades Maio


Este mes temos moitas novidades en galego incluíndo un libro de Xoán Curiel coas cantigas que Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedicará o 17 de maio, recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade. Un percorrido pola tradición popular con letras creadas para que os nenos e nenas coñezan mellor a este mestre galeguista homenaxeado este ano.

jueves, 7 de marzo de 2019

Novidades Marzo


Moitos nenos prefiren os clásicos contos infantís pero a poesía tamén é unha excelente ferramenta para estimular a aprendizaxe, mellorar o vocabulario e fortalecer os vínculos afectivos. De feito, a poesía infantil é moito máis que un entretemento, é un recurso educativo que estimula o desenvolvemento emocional, cognitivo e comunicativo, á vez que potencia a adquisición de novos coñecementos e valores estéticos. Por iso este mes recomendámosvos unha serie de fantásticos libros que acaban de chegar á nosa biblioteca. Esperemos que vos gusten!

viernes, 1 de febrero de 2019

Novidades febreiro


Como novidades este mes temos libros de datos curiosos con información sorprendente sobre o noso mundo: o corpo humano, o espazo, a comida, a natureza... así como novos atlas ilustrados sobre monstros e pantasmas para os máis curiosos que non se cansarán de admirar as súas ilustracións e de ler e reler os seus textos.

martes, 4 de diciembre de 2018

lunes, 29 de octubre de 2018

Novidades Novembro


Monstros, bruxas, vampiros, homes lobo... adiantámosvos as novidades de novembro xa que pronto celebraremos o Samaín con novas historias de medo que son, sen dubida, as vosas favoritas. Historias de acción, aventura e intriga para espertar a imaxinación e axudarvos a afrontar os vosos temores e a liberar tensións!

domingo, 30 de septiembre de 2018

Novidades de outubro


O noso estante de novidades está cheo e aínda nos quedan caixas por abrir con cómics, poemas e historias que buscan lectores. Aquí tedes un adianto para comezar o ano.

viernes, 4 de mayo de 2018

Novidades Maio


Xa están aquí as novidades máis destacadas que encontraredes este mes na biblioteca.
Recomendable lectura para os lectores expertos os 3 conmovedores e emotivos libros da saga Wonder. Libros que tratan sobre o bullying e a aceptación dos diferentes.
Tamén recomendable a colección da National Geographic Kids para nenas e nenos curiosos que queiran adentrarse na vida natural e salvaxe.

viernes, 6 de abril de 2018

Novidades do mes de abril


Aquí están as novidades das editoriais Kalandraka e Combel con libros moi divertidos para que as gocen sobre todo os nosos peque-lectores.

lunes, 5 de marzo de 2018

Novidades marzo: mulleres extraordinarias

Aquí están... novos libros que falan de mulleres, de vidas extraordinarias e inspiradoras que, tras verse en moitos casos silenciadas ou terxiversadas, saen á luz para ofrecernos unha nova perspectiva sobre a historia e os seus protagonistas. Pero as súas páxinas revélannos algo que resulta mesmo máis significativo: as grandes mulleres rara vez actúan soas, senón que contan co respaldo de compañeiras e impulsoras ou se inspiran en pioneiras que as precederon. Todas elas están unidas por lazos profundos e a maioría é consciente da importancia de achandar o camiño para as que virán despois.


Tamén atoparedes entre as novidades unha reinterpretación do conto clásico de Brancaneves e outra de Cincenta que supoñen un canto á liberdade. Dúas historias divertidas e cheas de humor que cuestionan os estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.

viernes, 1 de diciembre de 2017

Novidades decembro: Cómics


O cómic é un xénero de literatura que na nosa época estaba destinado a un público quizá máis adulto, máis maduro, pero que temos a sorte de que cada vez se está achegando máis aos pequenos lectores e espertando maior interese, sobre todo na nosa biblioteca.
Este mes poderedes gozar de novos cómics que merecen moito a pena tanto polo seu valor gráfico como polo seu contido adaptado, valores, temáticas, formatos e diversidade. Esperemos que vos gusten!

lunes, 6 de noviembre de 2017

Novidades: libros de robots, robótica e programación


As novidades recentemente chegadas á biblioteca son recomendacións de ficción e non ficción pero sempre coa mirada posta no mundo dos robots, a robótica e a programación: divertidas historias de aventuras de robots, guías visuais e manuais de programación...

miércoles, 11 de octubre de 2017

Novidades outubro 2017

As "máquinas" da biblioteca están funcionando a toda velocidade para preparar o Día das Bibliotecas Escolares, que é algo así como o noso santo. E para empezar a abrir boca, aquí tedes o noso boletín de novidades que trae libros que falan de libros e de literatura e dos poderes que nos dá a lectura e os mundos máxicos aos que nos leva.


miércoles, 3 de mayo de 2017

Novidades Maio


Presentámosvos as últimas novidades adquiridas máis destacadas deste ano escolar 2017. As seguintes irán nas lecturas recomendadas para o verán. 
Gozade delas que xa queda moi pouco para finalizar o curso!

lunes, 3 de abril de 2017

Novidades Abril


Xa están  na biblio todos os libros da colección Miniclásicos de Edicións Embora, dez das grandes obras clásicas da literatura universal con adaptacións realizadas por escritores de prestixio. Destacan polo seu vocabulario sinxelo, pola selección das escenas máis representativas de cada obra e polos debuxos de grandes ilustradores, que complementan de xeito eficaz cada historia.
Así, os primeiros lectores poderedes coñecer grandes personaxes da literatura como Ulises, Don Quixote, Gulliver, o rei Artur ou Quasimodo; viaxar por París, Liliput, Italia ou Constantinopla, e á vez, descubrir historias de heroes incribles, amores eternos, aventuras únicas… 

Pero aínda hai máis novidades. Botade unha ollada...
A que esperades para vir coñecelas? 

viernes, 3 de marzo de 2017

Novidades Marzo


Estas son as novidades máis destacadas recentemente chegadas á biblioteca. Algunhas moi esperadas polos nosos lectores como a colección completa de Wigetta inspirada no mundo dos videoxogos e tamén outra das coleccións máis ansiadas e solicitadas: "Os Futbolísimos", serie de libros que trata valores como a educación, o deporte, o traballo en equipo e a amizade. 

miércoles, 1 de febrero de 2017

Novidades Febreiro


Este mes poderedes atopar na biblio un pouco de todo. Ademais de libros de ficción para todas as idades, hai libros para coñecer mellor a natureza, novos cómics (Hilda e Marcopola), algún libro de música, de chistes... pero sobre todo libros informativos sobre o Universo, Física cuántica explicada cun gato zombie, un divertido libro-xogo para visualizar o papel das mulleres ao longo da historia ou unha guía para aprender a programar e deseñar videoxogos e outra para crear blogues, videoblogs ou podcast.

lunes, 9 de enero de 2017

Novo ano, novos libros... Felices lecturas 2017!

Despois deste parón navideño, presentámosvos xa as novidades recentemente chegadas á biblioteca. Esta vez son libros relacionados coa arquitectura e a enxeñería que será o tema seleccionado para traballar durante o segundo trimestre relacionado co proxecto "Territorio das Artes". Iremos informando pouco a pouco dos novos retos e actividades que a biblioteca vos ten preparados. 


Na biblioteca atoparedes unha exposición de libros moi interesantes, amenos e divertidos para ir repasando a historia da arquitectura e de arquitectos xeniais de todos os tempos. Ao longo da historia, o home superou todos os retos aos que se enfrontou para crear edificios fantásticos. A través das guerras, o comercio, as expedicións e a literatura, os grandes edificios estendéronse a todos os países do mundo. Desde as tumbas dos faraóns do antigo Exipto ata os espectaculares rañaceos das grandes cidades.  A que esperades para vir coñecelos?

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Novidades decembro: Arte e artistas

As novidades máis destacadas para este mes de decembro son, como non podía ser doutro xeito, sobre pintura para completar a nosa ampla colección de fondos sobre esta temática que está a traballar no proxecto de biblioteca neste primeiro trimestre.



Atoparedes novos libros para contemplar con ollos curiosos as obras máis famosas da arte universal, breves biografías dos artistas acompañadas de interesantes análises dos seus cadros máis emblemáticos, contos sobre pintores famosos... ademais dunha serie de actividades fáciles e entretidas que vos farán poñer na pel dos pintores máis coñecidos e fomentar as vosas inquietudes artísticas.