Quen somos

Somos a Biblioteca PdB do CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo, o centro escolar máis grande de Galicia. Contamos con máis de mil cen alumnos/as e polo tanto moitos mestres/as con iniciativas, costumes e xeitos de traballar diferentes, probando novas ideas no eido da educación, o que supón unha ventaxa moi grande para a nosa biblioteca. 
O curso escolar 2012/2013 supuxo un antes e un despois na nosa historia porque foi o noso primeiro ano como parte do PLAMBE. Nacía un novo espazo no centro e un proxecto que empezaba a dar os seus primeiros pasos. Moito levamos andado xa e moito nos queda por andar. 
 Formamos parte do Proxecto Arteixo Innovación, que aglutina a todos os centros educativos públicos do Concello e facemos noso o compromiso no uso das TICs, postas ao servizo dos obxectivos e liñas estratéxicas do Plan LÍA 2 de toda Biblioteca Escolar.
Ese moucho que vedes nas fotos é Brociños, a nosa mascota. Vive nas fragas de Sisalde, moi preto do noso centro e din por Arteixo que, moitas noites, visita a nosa biblioteca para ler as nosas novidades. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario