lunes, 11 de noviembre de 2013

PlayTales Gold: Biblioteca de contos interactivos

Ola a tod@s!
Xa renovamos a subscrición de PlayTales Gold para todo o curso escolar. Como sabedes é unha gran biblioteca de contos interactivos infantís con divertidas animacións, efectos de son, actividades, xogos, cancións e moito máis. Cos contos de PlayTales Gold o noso alumnado Pre-lector e os Primeiros Lectores poderán aprender vocabulario, ortografía, os números e mesmo coñecer outros idiomas!

Nesta app atoparedes ata 25 categorías nas que buscar títulos: Halloween, mostros, os máis vendidos, deportes, familia, vacacións, contos personalizados (subindo fotografías), transportes, contos para durmir, contos con valores, clásicos, princesas, cores, aventuras, doces, música, as miñas primeiras palabras, animais, números, para aprender, contos de fadas, animais e coleccións de Barrio Sésamo, Pocoyó e de outros personaxes coñecidos.
Todos os contos de PlayTales Gold están dispoñibles en varios idiomas e ofrecen tres posibilidades de reprodución:
  • Autoplay: na que o conto se reproduce lido o texto por un narrador, cos seus efectos visuais e de son.
  • Le o conto por min: na que o conto se reproduce lido o texto por un narrador, pero os efectos de vídeo e audio se activan ao tocar determinado elementos da pantalla.
  • Quero lelo eu mesmo: no que se reproduce o conto pero o texto non é lido por un narrador. Como no caso anterior, os efectos de vídeo e audio actívanse ao tocar determinados elementos da pantalla.
Deixámosvos unha captura de pantalla dun iPad da biblioteca onde a profe María xa baixou varios libros aos estantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario