lunes, 1 de diciembre de 2014

Contos de Nadal en PlayTales Gold

Ola rapaces!
Aquí tedes a lista de libros interactivos sobre o Nadal que poderedes ler nos iPads da biblioteca durante este mes na app de contos PlayTales Gold. A diversión está asegurada!



Están a chegar as vacacións de Nadal. Temos que prepararnos ben! Hai que poñer as luces no xardín, decorar a árbore, facer galletas de xenxibre... E moitas cousas máis! Coas súas pantallas repletas de interactividade e cor, "Vacaciones de Navidad" daravos un montón de ideas para pasalo en grande durante estes días de festa. 




Pasádeo ben co pequeno Charly e o seu amigo Teddy, un boneco de neve que cobra vida o día de Nadal. Monta en zorra, xoga no parque, canta vilancicos... un conto cheo de imaxes coas que os peques poderedes interactuar de forma doada e amena. 
O Nadal nunca foi tan divertido!!




O noso amigo o novo Abeto, soña cunha nova e apaixonante vida cando aproveiten a súa madeira, pero antes de conseguila poderá converterse no protagonista dun auténtico Nadal en familia.
Orixinal adaptación do conto do Nadal de Hans Christian Andersen.
Pensastes xa que lle ides escribir a Papá Noel?
Como cada ano, Papá Noel leu e anotou os desexos de todas as cartas que os nen@s tiñan enviando. 
Pero un ano... oh, non! unha carta quedou sen abrir.

15 ilustracións a plumiña contan esta historia do Nadal cun inesperado final.


A noite do 24 ao 25 de Decembro é a máis máxica de todo o ano: a noite antes de Nadal! E que sucede a noite antes de Nadal mentres todos durmimos? Que recibimos unha visita moi, moi especial... Santa Claus
Un conto cheo de alegría e de ilusión. Descubride con "Despertad! Ya es Navidad!" a emoción dunha noite irrepetible.

Nico é un simpático e intrépido neno cunha imaxinación sen límites. Cada vez que se dorme é capaz de resolver calquera misterio. Viaxará a través da neve e o deserto acompañado de divertidos personaxes. Levarase moitas sorpresas e terá que resolver multitude de xogos. Axudarédelo? 


E... por suposto tamén podedes sentir a verdadeira alegría do Nadal con cancións e vilancicos clásicos nestes dous libros. Neles atoparedes elementos interactivos e efectos de son ao tocar a pantalla con preciosas ilustracións de Nadal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario