martes, 17 de diciembre de 2013

Hoxe visitounos... Miquel Rayó

Dentro do programa CONECTANDO LECTURAS,  Miquel Rayó visitou hoxe a nosa biblioteca para falarlle ao alumnado de 6º de como se escriben os libros, da maxia da creación literaria. Tamén presentou a súa novela "El Cementerio del Capitán Nemo", que inaugurará o Clube de Lectura no terceiro ciclo.  




Miquel Rayó i Ferrer dedícase profesionalmente á educación e escribe especialmente para nenos e mozos. Os seus temas literarios son a aventura e a natureza, as emocións e os valores humanos, e tamén os contos marabillosos tradicionais e as viaxes por terras ignoradas. A súa obra fíxoo merecedor de distintos premios, entre os que se inclúen o Premio EDEBE de literatura infantil en 1998 pola súa novela "El camino del faro" e no 2004 o premio Ala Delta de Edelvives por "El cementerio del capitán Nemo". Este educador e escritor, dedica boa parte do seu tempo á conservación do medio nas Baleares, onde reside.

"El Cementerio del Capitán Nemo"
Editorial Edelvives

Bonito relato baseado na complicidade entre un avó e o seu neto, que pugna por converterse nun adolescente e deixar atrás a infancia, momento da vida sempre complicado. O avó de Miguel ensínalle toda sorte de artes e de misterios xunto ao Mediterráneo, mentres Miguel se namora coa súa inocencia de María, unha nena recén chegada ese verán ao pobo. Moitos anos máis tarde Miguel regresa ao sitio onde está enterrado o seu avó, que non é outro que o sitio onde lle ensinou que a felicidade podía alcanzarse se os sonos ían sempre por diante da realidade.


Grazas pola túa visita, Miquel. Esperamos volver encontrarnos cando teñamos lido o teu libro... 

4 comentarios:

  1. Gràcies a tots vosaltres! Me lo pasé estupendamente, y me llevé una magnífica impresión de vuestro centro y de vuestro trabajo. ¡Hasta siempre!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A túa visita foi un autentico pracer. O mellor foi que realmente pasámolo moi ben e iso é o máis importante para enganchar aos nosos cativos na lectura, que é o noso obxectivo. Saudiños.

      Eliminar
  2. No me olvidéis, "porfa". Sabéis que estoy a vuestra disposición. ¡Feliz año nuevo!

    ResponderEliminar
  3. ¡Por supuesto que no nos olvidamos! los niños/as están deseando que llegue su libro al centro para comenzar con su lectura. Estamos en contacto. Un abrazo!

    ResponderEliminar