miércoles, 4 de diciembre de 2013

Os contos de Hoffmann: a famosa ópera narrada con xogos educativos e interactivos


Coñece ao inigualable narrador Hoffmann nunha taberna de Nuremberg, Alemaña. Alí narrará tres fábulas que ilustran os seus desgraciados amores: a de Olympia, a boneca mecánica; a de Antonia, a cantante que falece por cantar, e a de Giulietta, a bela cortesá veneciana.
Podedes escoitar a narración en castelán ou en inglés.

Esta aplicación educativa inclúe fascinantes relatos e fantasías acompañados de xogos que conseguirán que vos introduzades nas historias deste poeta sumamente enamoradizo.

Como música de fondo, escoitaredes unha das óperas máis harmónicas e líricas do romanticismo.

Todo o contido - ilustracións, textos, música e narracións - constitúe material orixinal desenvolvido por Touch of Classic e polo seu equipo de excelentes creativos, ilustradores, músicos e actores.
É unha app perfecta para que os cativos vos acheguedes á literatura clásica sen que vos aburrades!

No hay comentarios:

Publicar un comentario