jueves, 19 de diciembre de 2013

Os Reis Magos falarán este ano en galego!

Ilustración de Marina Seoane

As súas Maxestades de Oriente falarán galego durante as cabalgatas deste ano. Poderán facelo grazas a unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que preparou "O Libro dos Reis Magos" publicado por Galaxia. Este volume está composto polas alocucións de 25 escritoras galegas como Rosa Aneiros, Helena Villar, Iolanda Castaño, Fina Casalderrey, Anxos Sumai... e cada unha acompañada por unha fermosa ilustración de Marina Seoane, para que os Reis Magos poidan dirixirse aos nenos e nenas en galego e relatarlles as súas peticións e bos desexos para o noso idioma durante as cabalgatas que preceden á noite máis atarefada do ano para MelchorGaspar e Baltasar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario