Alex é un neno de sete anos que nos guía ao seu fantástico mundo a través dunha clave de cores. Vermello, laranxa, azul, verde... e un final con mensaxe: a diversidade gústanos.
Trátase dunha narración non lineal. A súa escena inicial deixaravos elixir a orde das pantallas que vades ler, as cales aparecen tras tocar os distintos debuxos. Cada páxina está dedicada a unha cor e vinculada a un elemento da escena principal que tamén irá cobrando vida... ata o desenlace final.
Cos textos de Nacho Barceló e os debuxos do ilustrador Davide Ortu, a produción interactiva de Itbook ofrece unha experiencia de lectura terriblemente atractiva ao longo de 21 pantallas para ler, escoitar e xogar.
Cal é a vosa cor favorita? O azul? O vermello?
- Explorade un mundo cheo de cor con Alex na orde que elixades.
- Tocade e descubride as cores da escena a medida que cobra vida. Non hai unha cor igual a outra!
- Lede vós mesmos o conto ou deixade que a narradora volo conte en calquera dos idiomas dispoñibles.
Deixámosvos varias capturas dun iPad da biblioteca coa narración en galego para que vexades algunhas das pantallas que contén o conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario