"Marina y la luz" é un conto interactivo sen locución nin texto que axuda aos nen@s a desenvolver o vocabulario e a imaxinación xogando, podendo inventar unha historia diferente cada vez.
Esta app está desenvolvida pola editorial Dada Company. En palabras dos seus creadores, este innovador formato transmite valores educativos universais como son: a tolerancia, a liberdade, a igualdade, o compromiso e a fraternidade.
As fantásticas ilustracións en acuarela son de Alberto Vázquez (gañador do Goya 2012 pola mellor curta de animación "Birdboy") e a orixinal banda sonora composta de doce temas é de Daniel Heredero (músico de Pocoyó)
Queredes acompañar a Marina nunha viaxe ao longo dun día a través dun mundo máxico, onde descubriredes as marabillosas posibilidades da luz en compañía dos seus singulares amigos? Pois cando pasedes pola biblioteca poderedes localizar este fantástico conto nos estantes da app de contos interactivos Play Tales Gold dos iPads.
Para os que teñades curiosidade de ver como é o proceso creativo deste conto, non vos perdades o "Making-of" que os seus autores elaboraron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario