A colección Cadernos de Educación en Valores: "Por preguntar que no quede", xorde como resposta ás preguntas que os alumnos e alumnas realizan sobre temas que lles interesan, así como ao interese por traballar a educación en valores e cidadanía dende as etapas de infantil e primaria.
Nela recóllense diversos temas de actualidade como son a inmigración, os dereitos dos nenos e as nenas, o consumo responsable, a paz, a minusvalidez e a alimentación. Temas que de forma positiva introducen claves pedagóxicas para traballar a educación en valores.
A colección, que consta de seis cadernos, comeza coa inmigración e os dereitos dos nenos e as nenas ante as preguntas que os alumnos e alumnas inmigrantes realizan sobre a posibilidade de gozar dos mesmos dereitos que os seus compañeiros e compañeiras autóctonos.
Os dous primeiros cadernos están dispoñibles en galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario