lunes, 17 de febrero de 2014

CreAPPcuentos: creando novos contos a partir dos clásicos


CreAPPcuentos é unha aplicación infantil para crear novas historias a partir dos contos clásicos de sempre. Co obxectivo de estimular a creatividade e a imaxinación dos nen@s, permite que os protagonistas dun conto poidan convivir con personaxes doutros creando un novo relato personalizado único e diferente. 
A idea desta app naceu nun ámbito familiar, cando un dos creadores, Avelino Correa, se decatou de que narracións clásicas, como as de Andersen ou as dos irmáns Grimm, non se adaptaban ás súas necesidades nin ás da súa filla.
Sete ilustradores galegos foron os encargados de elaborar as ilustracións da aplicación: Pepe CarreiroAbraham CarreiroPiruscaRaquel SánchezAlmudena AparicioAlberto García e Víctor Rivas.

Ademais, CreAPPcuentos tamén existe como unha rede social de Internet chamada Cuentoteca, que consiste nun «colector de contos» onde se poderán encontrar narracións de usuarios e centros educativos, con distintas categorías en función dos contidos. Así mesmo, os usuarios poderán votar e opinar sobre as historias subidas polos demais creadores.
Esta plataforma gañou a edición de 2013 do concurso 'Startup Pirates' de Vigo e quedou segunda no 'Lean Startup' de Madrid.



Nuns poucos pasos vos converteredes nos autores das vosas aventuras. Unha vez que creedes o voso propio conto, engadirase inmediatamente ao estante, de forma que o poidades ler e disfrutar todas as veces que queirades.
  • Elixide un fondo que vos guste.
  • Arrastrade os obxectos e os vosos personaxes favoritos.
  • Inventade a historia, escribide o texto e poñédeo onde queirades.
  • Engadídelle unha música ou gravade coa vosa propia voz a narración do conto.
Atrevédesvos? Pois cando visitedes a biblioteca intentade facer as vosas propias versións dos clásicos.
Estes son as coleccións de stickers que compramos para que poidades mesturar distintos personaxes na historia.


Que tal se a Carapuchiña a salva un extraterrestre ou aos tres porquiños os persegue un dinosauro?

No hay comentarios:

Publicar un comentario