Hoxe queremos presentarvos este marabilloso libro para inaugurar a Semana Intercultural que se está a celebrar no centro e animarvos a tod@s a que pasedes pola biblioteca para comprobalo!
A profe María encargarase de falarvos desta pequena xoia durante as sesións do proxecto lector desta semana.
"Cuéntame otra vez de dónde eres tú. Nací en un lugar muy alejado de aquí, en una aldea situada al pie de las montañas y la orilla de un lago. El nombre de la aldea y del lago es Khatounie ...
La gente llamó Leila y Magnon a dos estrellas próximas a la luna. Magnon era un poeta de la antigüedad y Leila su amada.
En el firmamento todo se mueve y cuando Leila y Magnon se acercan, las mamás les dicen a sus hijos que se besan, entonces hay que pedir un deseo"
Así empeza unha historia, a historia do recordo dun neno que creceu entre lendas, contos populares e o universo das Mil e unha noites no seu pobo natal Al Hassake (Siria).
"Suleiman y Salúa" publicado pola editorial Trifolium en edición bilingüe español-árabe, está ilustrado por Ali Ali e escrito maxistralmente coas palabras do escritor galego Francisco X. Fernández Naval. Unha verdadeira obra de arte plasmada en papel que destila sutileza e encanto en cada anaco de papel.
"Suleiman y Salúa" publicado pola editorial Trifolium en edición bilingüe español-árabe, está ilustrado por Ali Ali e escrito maxistralmente coas palabras do escritor galego Francisco X. Fernández Naval. Unha verdadeira obra de arte plasmada en papel que destila sutileza e encanto en cada anaco de papel.
Ali Ali, é un artista, pintor e gravador de orixe siria, que decidiu un bo día crear unha bela historia baseada nas lendas de tradición oral do seu país. Grazas a esta idea, xurdiu este libro repleto de incribles ilustracións realizadas coa técnica da litografía que agora temos ao noso alcance na nosa biblioteca para deleitarnos a vista unha e outra vez.
Aquí tedes algúns alumnos e alumnas de 6º facendo unha lectura compartida dalgunhas páxinas de "Suleiman y Salúa" en ambos os dous idiomas.
Parabéns para as profesoras e mailos alumnos que prepararon a actividade. As ilustracións e o texto teñen a maxia das "Mil e unha noites". Que riqueza de idiomas temos no cole!
ResponderEliminarApertas da profe Marga
Moitas grazas a ti, Profe Marga... O teu entusiasmo é contaxioso... Foi moi divertdo facer o vídeo... E aínda temos unha cousiña rondando na cabeza que non imos contar por agora...
EliminarQue ledicia ver que os maiores usan tan ben o espazo da biblioteca! Parabéns aos implicados no proxecto de Suleiman e Salúa!
ResponderEliminar