miércoles, 11 de junio de 2014

Aurasma: Facendo realidade a lectura


Un grupo de 5 profesores especialistas de PT, AL e Educación Infantil deste centro fixeron un estupendo traballo de Realidade Aumentada coa app Aurasma, para levar a cabo co seu alumnado nas súas correspondentes especialidades.
Entre o diverso material elaborado como un abecedario en 3D, vídeos con trazos de letras, actividades de conciencia fonolóxica... hai 5 contos curtos realizados coa app Explain Everything para presentar os fonemas PLST e M e que por suposto queremos compartir con toda a comunidade educativa dende a biblioteca (haberá unha copia da foto que interactúa coa "aura" de cada conto no armario onde se gardan os iPads)
Así que cando pasedes pola biblio collede un iPad, abride a app Aurasma seguindo a canle do pdbra, enfocade coa cámara do dispositivo cara á foto en papel do conto elixido, escanear picando na A da parte inferior e ... listo! o conto comezará. Tamén poderedes acceder á canle escaneando o código QR de arriba coa app Scan instalada nos dispositivos.

Estes son os cinco contos que encontraredes sobre os distintos fonemas.





1 comentario: