miércoles, 29 de octubre de 2014

Vampiro: libro interactivo de terror

Queredes coñecer a Vladimir von SalpicaVladimir naceu hai séculos no borrascoso reino de Oscuronia. É un vampiro. Así o confirman os seus afiados cairos, a súa pel amarelenta e os seus escuros ollos... pero el é diferente doutros vampiros. É que Vladimir von Salpica ten un bo corazón. Onde? Nunca o poderedes imaxinar. De feito, tampouco o poderedes comprobar, a menos que xoguedes con "Bienvenido a la guarida del vampiro... Entra si te atreves", a emocionante e entretida app de LivoBooks que xa descargamos nos iPads da biblio, e por suposto moi apropiada para estas datas que se achegan.


Cunha impresionante animación 3-D esta app ofrece sustos e diversión. Cando xoguedes, divertirédesvos ao grande e sentirédesvos máis que lixeiramente espantados conforme Vladimir vos guíe por cada canto da súa tétrica vivenda ofrecéndovos arrepiantes actividades interactivas e sorpresas que vos poñerán os pelos de punta!
Hai varios xogos para interactuar e divertirse con Vladimir... se é que vos atrevedes. Con esta app poderedes:
  • Tratar de acariciar a Corazoncito, a voraz planta carnívora de Vladimir (pero ten coidado de que non che arranque un dedo!).
  • Facer o posible por rematar con eses mortais escorpións peludos de Espantonia antes de que se multipliquen sen remedio.
  • Armar correctamente o crebacabezas da Mona Lisa ou terás unha sorpresa que che poñerá os pelos de punta.
  • Ver "A noite do Vampiro" na televamp, con só tocar o control remoto.
  • Tocar os ataúdes e ver como saltan esqueletos berróns, cantando a sinistra música procedente do gritófono.
  • Entrar ao Laboratorio do Terror Eléctrico e activar as pancas correctas para descargar no corazón de Vladimir a voltaxe que o volverá á vida. Iso si, ten coidado de non te equivocar de pancas ou verás lóstregos, escoitarás berros arrepiantes e serás... electrocutado!
  • Facer unha foto vosa co "vampiconvertidor", colocarlle ollos saltóns, espantosos e feroces cairos, e usala para espantar a todos os teus amigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario