jueves, 18 de diciembre de 2014

De corazón... aos nosos mini-bibliotecarios

Sempre puntuais... Sempre cun sorriso para todos os que veñen á biblioteca... Sempre contaxiando o voso entusiasmo polos libros, asesorando os máis cativos, ordenando unha e mil veces os andeis para que todo estea no seu sitio, manexando os PCs e os iPads como verdadeiros expertos.... Dispostos sempre a todo... Non se pode aprender mellor e máis rápido...
Por todo iso, non sodes minis... sodes moi grandes! O mellor da Biblioteca deste ano... Por iso non queriamos que pasasen estas datas sen ter un pequeno agasallo para todos e todas. Merecédelo. Parabéns!!

3 comentarios:

  1. Totalmente de acordo, temos uns MAXIBIBLIOTECARIOS/AS que fan mellor a nosa biblioteca, sen eles/as está non sería posible.
    A miña noraboa tamen para ese marabilloso equipo de biblioteca, todo un luxo para o PdB

    ResponderEliminar
  2. Encantaronme todas ás imaxes, GRAZAS BIBLIO por todo este curso tan maravilloso sendo minibibliotecaria

    ResponderEliminar
  3. Grazas a ti, Lucía... De verdade que quedaredes para sempre no noso corazón.... Esperamos que un pouco de nós tamén no voso...

    ResponderEliminar