Chegou o Día do Libro e celebramos o noso Mercado Solidario como viñamos anunciando dende a semana pasada. Un quilo por un libro convertéronse en máis de 1000 quilos e máis de 1000 libros. Con moito superou todas as nosas expectativas... Todo o recollido será entregado a Cáritas de Arteixo o próximo luns.
Houbo oito postos atendidos polo equipo de biblioteca e os mini-bibliotecarios durante as sesións anteriores ao recreo. Aquí deixámosvos algunhas fotos do evento.
Non saímos na TV pero a Anpa de Ponte dos Brozos compartiu no seu Facebook o vídeo realizado polos xornalistas de Cuatro TV que nos visitaron... Grazas Patricia Lale por conseguilo!!!
Tamén podedes botar unha ollada ao time-lapse gravado polo Equipo de Biblioteca coas imaxes das tres horas que durou a celebración.
GRAZAS a todo o profesorado por colaborar connosco e sobre todo aos nosos nenos e nenas por poñer unha vez máis o seu entusiasmo e ilusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario