jueves, 9 de abril de 2015

Contos creativos con Realidade Aumentada


Acaban de chegar á biblioteca estes dous marabillosos libros da colección de Contos Creativos da editorial Parramóne... que teñen de especial? Pois que cada libro está composto por mini-historias que vós deberedes ir completando con textos, debuxos, cor, recortando e pegando imaxes...


Cada libro ten a súa app correspondente que poderedes localizar xa descargada nos iPads da biblio, coas que, ao enfocar as diferentes páxinas, se aumentará a información e por arte de maxia aparecerán os personaxes escondidos e os debuxos en 3D. Nas páxinas do libro verás cousas que saen automaticamente e escoitarás música sen ter que facer nada pero se ves unha estrela azul é que podes interactuar. Só toca o obxecto que está debaixo ou directamente a estrela para ver que pasa.

O voso traballo é importante, xa que, sen el, os personaxes destes contos non poderán ir moi lonxe... Así que pasade pronto pola biblioteca para comprobalo e gozade cos sons e imaxes en movemento, rematade os debuxos ao voso gusto e convertede cada páxina nunha experiencia única!!

Como unha imaxe vale máis que mil palabras, antes de nada botade unha ollada a este vídeo.


Tamén podedes facer divertidas fotos coas diferentes escenas 3D do libro.


E... se enfocades co iPad só a portada de "Zapatos, zapatitos y zapatones" aparecerá un trasno a tamaño humano!

No hay comentarios:

Publicar un comentario