lunes, 11 de mayo de 2015

Segundo taller de guitarra eléctrica: "Así soa a biblioteca"


Hoxe na biblioteca volveron soar os acordes das guitarras eléctricas do noso compañeiro Javi Naya. Esta vez para o alumnado de 5º e 6º de Primaria
Tocou temas instrumentais compostos por el mesmo: Atlántico, Jump up, Lulú y los muchachos, Tal para cual e Preludio. Ao comezar fíxolles unha pequena introdución explicando as distintas partes da guitarra, tipos, orixe... e antes de cada canción íalles contando cousas sobre o estilo de música que ía soar.
Ao final rolda de preguntas e algúns alumnos e alumnas pedíronlle que tocase algunha canción dos seus grupos favoritos. Quedaron tod@s encantados e satisfeitos coa actividade.
Unha vez máis... grazas Javi!

No hay comentarios:

Publicar un comentario