Chegou o momento de esquecer horarios, clases e deberes pero antes toca facer reconto do noso traballo. Alá polo mes de setembro comezamos coa nosa homenaxe a Mafalda, que para moitos de nós supuxo un aceno á nosa adolescencia. Enchemos a biblioteca de música de jazz, rock e un pouco de bossa nova. Tivemos visitas ilustres das que sempre aprendemos e coas que quedamos enganchados á lectura. Viaxamos por Europa e por África, resolvendo retos e descubrindo misterios. Houbo exposicións, contacontos, e moito amor polos libros.
Pero se tiveramos que destacar acontecementos, que serán xa inesquecibles, escolleriamos o noso proxecto de mini-bibliotecarios, os proxectos sobre Europa e África e o arranque do servizo de préstamo, que da sentido ao noso traballo: darlle unha oportunidade aos libros que saen dos andeis e van ás mans dos nosos cativos e cativas para entrar no mundo da fantasía e a imaxinación.
E xa que facemos reconto, fagámolo con cifras para pechar o ano das Bibliotecas Escolares... Matemático.
No hay comentarios:
Publicar un comentario