viernes, 12 de junio de 2015

Entrega de diplomas aos mini-bibliotecarios

Hoxe tivo lugar no Centro Cívico de Arteixo a tradicional cerimonia de graduación para o alumnado de 6º de Primaria. Houbo entrega de diplomas, orlas, discursos emotivos e moitas... moitas bágoas.
A Biblioteca do PdB tivo a honra de poder participar de todas esas emocións. Alá polo mes de Setembro o Equipo de Biblioteca decidiu botar a andar un novo proxecto... Pretendíamos que ao menos 5 ou 10 nen@s de Sexto de Educación Primaria reunciasen un día á semana ao seu recreo para vir botar unha man coas labores de bilblioteca... Parecía difícil pero a resposta foi moito máis do que nós esperabamos... 26 Mini-Bibliotecarios... Eso quere decir que os vosos titores fixeron un gran traballo ao longo destes anos. Comezamos a andar cunha formación mínima pero cada día foron gañanado máis confianza e foron encargándose de máis labores: o préstamo, a organización, o asesoramento aos lectores máis pequenos, uso de PCs e iPads, motor das celebracións da Biblioteca...
Non podemos estar máis orgullosas dos nosos Minis... Grazas a tod@s por superar con creces as nosas expectativas. Foi un pracer traballar con vos. Esperamos que a semente que se plantou este ano floreza e os libros sexan xa para sempre os vosos compañeiros de viaxe e que, como di Borges, xa non imaxinedes un mundo sen libros.
Aquí tedes algúns deles recollendo os seus merecidos diplomas e o seu agasallo.


Canto vos botaremos de menos rapaces!
Grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario