sábado, 24 de octubre de 2015

Celebración do Día da Biblioteca 2015

Onte, 23 de Outubro, celebramos o Día da Biblioteca cunha xornada repleta de actividades para os distintos niveis ao longo de toda a mañá.


Durante as primeiras horas o alumnado de Educación Infantil asistiu á Aula de Contos á actividade "Teatro Kamishibai" (forma moi popular, desde hai séculos, de contar contos en Xapón). Os nosos mini-bibliotecarios foron os encargados de manexar o teatrillo de madeira e presentar as historias lendo distintos contos en varias sesións: "O Gato con Botas" (3 anos), "Dante, o Xigante" (4 anos) e "Gato Sol" (5 anos)



Os niveis de primeiro e segundo saíron ao exterior, en distintas quendas, á actividade "Libros a voar". 
Cada neno e nena elixiu un dos libros expostos en distintas mesas no patio para facer un BookCrossing (práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores que despois farán o mesmo).
Todos os libros eran expurgos da nosa biblioteca e todos eles levaban unha etiqueta da súa liberación.

Tamén se repartiron os carnés da biblioteca  para o alumnado destes niveis así como un tríptico para cada aula coas normas de uso, funcionamento e servizos da biblioteca.


Para o resto dos niveis houbo proxección de contos interactivos na biblioteca ao longo de toda a mañá en distintas quendas. Como este ano comezamos cun novo proxecto "Descubrindo Mundos" no que o alumnado de 3º e 4º traballará "Os Exploradores" e o alumnado de 5º e 6º "Os Polos", os contos elixidos da app Blue Planet Tales foron estes dous.


O primeiro, unha verdadeira historia de heroes que loitan contra os elementos para realizar unha fazaña escrita con letras de ouro nos libros de historia da humanidade. O segundo, unha aventura para súper homes que se converteu nunha das carreiras máis apaixonantes que realizou o ser humano.

Os nosos mini-bibliotecarios foron os encargados de presentar con gran entusiasmo o proxecto aos distintos niveis. 


4 comentarios:

  1. Parabéns a todo o alumnado (en espècial aos minibibliotecarios/as), e tamén ao profesorado ,( especialmente tamén ao equipo de biblioteca).
    Todos sabemos o que supón realizar algo para todo o centro pero as actividades desenvolvidas estiverons moi ben e a organización saíu perfectamente. Grazas

    ResponderEliminar