martes, 3 de noviembre de 2015

Explorando o espazo con Laika

Ao longo desta semana presentarase o proxecto "Descubrindo mundos" a todo o alumnado de 1º e 2º nivel xa que quedaron pendentes estes grupos posto que o Día da Biblioteca presentouse o resto do proxecto aos outros niveis ("O Lonxano Oriente" para Educación Infantil", "Os Exploradores" para 3º e 4º e "Os Polos" para 5º e 6º)
"Explorando o espazo" será o tema que corresponderá aos nenos e nenas de 1º e 2º e para iso xa tedes á vosa disposición na biblioteca unha selección de libros informativos e contos sobre o espazo que vos axudarán na vosa viaxe.

Pero para quentar motores que vos levarán ata os confíns do universo, quedades invitados a gozar esta semana da proxección dun conto interactivo da app Blue Planet Tales sobre Laika, a entrañable cadela que abriu ao ser humano as portas do espazo. O primeiro ser vivo que saíu da Terra e converteuse en lenda.


Un conto con valores, unha historia real onde se mestura a aprendizaxe coa aventura, unha historia fermosa e sentimental... Esperamos que a gocedes!


No hay comentarios:

Publicar un comentario