domingo, 15 de noviembre de 2015

Terra á vista!!


Convidamos a todo o alumnado de 3º e 4º nivel a navegar pola estupenda páxina web V Centenario de Cristóbal Colón. Será un bo comenzo para aprender moitos datos sobre a vida, as viaxes, os personaxes, etc que acompañaron a este famoso almirante durante a súa vida. 


Despois de navegar por esta páxina, xa saberedes moitas cousas sobre Colón como cantas viaxes realizou, como conseguiu financiamento para estas viaxes, que percorridos fixo... Pero para probar o expertos que podedes chegar a ser... aí vai o noso reto.


Cando teñades as respostas ás preguntas formuladas do documento adxunto, enviade o resultado da vosa investigación ao Equipo da Biblioteca para elaborar un ranking cos mellores viaxeiros!

No hay comentarios:

Publicar un comentario