martes, 16 de febrero de 2016

Concurso "Debuxa o teu monstro"


Na nosa biblioteca somos moi fans das divertidas historias cheas de monstros de Agus Pianola, un raparigo moi despistado, creativo e un pouco caradura. Por iso queremos animarvos a que participedes no concurso que Boolino realiza para todos os nen@s entre 6 a 12 anos que queiran debuxar o seu propio monstro e envialo. O voso titor/a será o encargado de encher o formulario para poder subir os vosos debuxos á web de Agus&Monsters  
Hai super agasallos para os tres primeiros que gañen o concurso e tamén para os finalistas. Ademais o monstro do gañador será incluído no seguinte libro da colección que a editorial Combel publique.
Deixámosvos aquí toda a información coas bases completas do concurso (clicade na imaxe) Esperamos que vos animedes a participar. Tedes ata o 31 de marzo para realizalo. Sorte rapaces!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario