jueves, 11 de febrero de 2016

Polas nosas nenas e as que virán...


17 obxectivos para cambiar o mundo... Esa é a cifra que as Nacións Unidas establece como prioritaria para que o mundo que lles quede aos nosos nen@s sexa unha boa herdanza. E a data para alcanzalos é 2030, só unha xeración para conseguilos.
O número 15 fala da igualdade das mulleres e as nenas e por iso, Nacións Unidas promove hoxe a celebración do Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, e dende a nosa biblioteca unímonos ao festexo porque sabemos da súa importancia. Sementar vocacións científicas entre as nosas nenas debe ser unha prioridade.


Aquí tedes unha guía de lectura realizada por A Mano Cultura, unha gran selección bibliográfica que contén 75 libros de divulgación científica para nenos e nenas. Moitos deles xa na nosa biblioteca... outros na nosa lista de peticións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario