Aquí tedes o programa da VI Semana Intercultural que se celebrará do 4 ao 8 de abril en Ponte dos Brozos organizada polo Equipo de Convivencia en colaboración co Concello de Arteixo e a ONG Ecos
do Sur que este ano xira en torno aos refuxiados e
refuxiadas.
As actividades propostas realizaranse na biblioteca e son as seguintes:
1º e 2º nivel de Educación Primaria:
- Representación teatral de monicreques "Novos veciños/as": Na obra descríbese como é un proceso migratorio forzoso dun grupo de animais, que vendo ameazada a súa vida e a súa tranquilidade deciden emprender o seu desprazamento cara un novo fogar. Con ela preténdese facer un achegamento á diversidade cultural, ao que significa unha migración forzosa, que é un refuxiado/-a e as dificultades que teñen estas persoas para atopar un lugar onde vivir en paz.
- Musicoterapia: A través da música buscarase que o alumnado experimente diferentes sentimentos, co obxectivo de espertar a súa empatía partindo das súas propias sensacións.
3º e 4º nivel de Educación Primaria:
- Relato dunha vida "Nun abrir e cerrar de ollos": A través dunha serie de imaxes amosaranse as causas e consecuencias dos procesos migratorios. Exposición dun breve relato de vida protagonizado por unha das nais e veciñas de Arteixo.
- Musicoterapia
5º e 6º nivel de Educación Primaria:
- Charla con Alfonso Mascuñana “Eu fun voluntario en Lesbos”: Grazas a Rede de Escolas de Amnistía contaremos coa presenza de Alfonso Mascuñana que nos contará como foi a súa experiencia en Lesbos e de como traballan alí os voluntarios/as cos refuxiado/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario