jueves, 21 de abril de 2016

Visita de Manel Cráneo e Carlos Amil

O día 19 de abril, os alumnos e alumnas de 3º nivel, asistiron ao Centro Civico de Arteixo para coñecer a Carlos Amil e a Manel Cráneo, guionista e ilustrador da banda deseñada "A FRAGA MILMAÑAS".


Explicaron con moito humor como realizaron a obra, como se ilustra unha banda deseñada, analizando as diferentes personaxes do cómic como Fonsa, Ferocio, Sombra...



Firmaron os libros que levaban os nenos e nenas e fixéronnos uns agasallos espectaculares de diferentes ilustracións feitas en directo por Manel con adicatoria incluída.



Grazas Carlos e Manel, un pracer contar convosco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario