jueves, 19 de mayo de 2016

Canta o cuco: Magín e Uxía na casa de Manuel María


Din que este día choveu... Non sabemos se foi tal... O que sí sabemos e que o cuco cantou... Vaia se cantou!!! Pero non só o cuco... Todos e todas nós cantamos con Uxía e Magín.
Non puidemos gozar dunha mellor homenaxe a Manuel María e a súa poesía que quedará para sempre nos nosos corazóns. Por alí pasaron poemas escollidos de "As rúas do vento ceibe" e "Soños na gaiola" así como tamén de "Terra Chá" e "Os lonxes do solpor".
Da man de Uxía, Magín, Héctor e Santi deixámonos levar pola paixón da música cunha mestura de estilos que foron dende a música tradicional ata o pop, o rock e un pouquiño de aires latinos. Unha visión contemporánea dos versos de Manuel María para as nenas e nenos do século XXI.

A vaca, a roda... e o noso profe Jimmy compartindo escenario coa xente de Canta o Cuco quedará para sempre no emocionario da biblioteca.



No hay comentarios:

Publicar un comentario