martes, 3 de mayo de 2016

Libros de política para nen@s: "Libros para mañana"


Acaba de chegar á nosa biblioteca a fantástica colección "Libros para mañana", catro títulos publicados en plena Transición, cun claro espírito progresista, reivindicativo e didáctico. 
Case 40 anos despois, a editorial Media Vaca volve editar con novas e potentes ilustracións que tinguen de ironía o ton instructivo do texto, coa súa mestura de verdades do barqueiro, verdades como puños e verdades discutibles, cunha introdución e unha última páxina sobre as cousas que cambiaron desde entón.
Hoxe en día os textos destes catro libros, sorprendentemente e tristemente, podemos consideralos aínda vixentes, parece que seguen sendo para mañá. Por que non lles botamos unha ollada e facemos a proba? Se podemos ler o que di o libro sen que nos cause moitísima estrañeza  é porque, ao parecer, ese mañá aínda non é hoxe. Esperemos que xa non tarde...

No hay comentarios:

Publicar un comentario