martes, 4 de octubre de 2016

Mochilas viaxeiras 2016


Esta semana comezou a súa nova andaina as mochilas viaxeiras no 3º e 4º nivel. Esta actividade permite á biblioteca o contacto coas familias coa intención de conseguir a súa colaboración e participación na formación de lectores e lectoras. 

Saldamos tamén unha conta pendente desta biblioteca escolar... Este verán deixounos un dos grandes.... Agustín Fernández Paz. Aqui vai a nosa homenaxe... As mochilas de 4º  viaxarán cun dos seus libros. Iso seguro gustarálle. Grazas alá onde esteas.


Esperamos que tanto o alumnado como os seus familiares compartan e gocen do contido das mochilas (un DVD, unha revista, un libro informativo e un libro de lectura)


Dentro de cada mochila vai o seguinte caderno para que anotedes as vosas opinións, reflexións... sobre os libros lidos. O obxectivo é que todos nos podamos beneficiar das ideas dos demais e gozar lendo o que outros escriben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario