viernes, 28 de octubre de 2016

Museo PdB: decora a túa porta


Despois de  presentarvos o noso proxecto anual, lanzamos o noso Brozo-Reto para o primeiro trimestre... Queremos que escollades un pintor, que veñades á biblioteca nas vosas horas e busquedes información sobre a súa vida e o seu estilo nos nosos fondos ou en internet,  para rematar decorando a porta da vosa aula cunha das súas obras e unha cartela coa información básica do pintor e da obra.

Na semana do 12 de Decembro, un xurado de expertos en arte e marchantes escollerán as mellores creacións So os gañadores conseguirán  O PINCEL DOURADO para colgar no panel dos Brozo-Retos. Hai 9 esperando...

No hay comentarios:

Publicar un comentario