miércoles, 25 de enero de 2017

Baixo un mesmo sol

Desde a biblioteca queremos unirnos a celebración do Día da Paz como nós sabemos: con libros que falan de que un mundo mellor é posible, de pequenos xestos que cambian situacións, de grandes persoeiros que inspiran o noso camiño... pero de entre todos os libros da biblioteca queremos este ano sinalar dous moi especiais: Soy un Punto da Editorial San Pablo e Wangari y los árboles de la paz de Ediciones Ekaré


  • Soy un Punto é unha obra de gran simplicidade gráfica que axuda a descubrir o privilexiados que son algúns puntos e o necesitados que están outros. Axúdanos a comprender a desigualdade e sobre todo a mostrar un camiño para poder equilibrar a situación cunha solución que oxalá fose posible para conseguir unha felicidade global.

  • Wangari y los árboles de la paz conta a historia de Wangari Maathai (Premio Nobel da Paz 2004) e de como organizou ao seu exército de mulleres no Movemento Verde que conseguiu frear o avance do deserto en Kenia plantando  máis de 30 millóns de árbores o que permitiu recuperar a vida das aldeas. Na tradición africana, a árbore é o símbolo da paz.

De obrigada lectura nas vosas visitas á biblioteca. Para todas as idades.

Rematamos coa música que nos vai acompañar o día 30 na nosa celebración e que están a preparar os profes de música, mentres as nosas escaleiras do centro comezan a encherse con mensaxes de paz. Desexando ver esa coreografía conxunta e esperando que o tempo sexa o noso aliado.     

                             

No hay comentarios:

Publicar un comentario