lunes, 16 de enero de 2017

Espazo, luz e orde

Desde a época na que os homes e as mulleres deixaron de ser nómades, a humanidade foi deixando as súas pegadas sobre a terra en forma de edificios ou estruturas. Un dos arquitectos máis influentes  do século XX dixo que os homes e as mulleres necesitan espazo, luz e orde tanto como necesitan o pan ou un lugar para durmir. A ver si descubrides de quen é a frase...


Velaí que o noso Brozo-Reto para o segundo trimestre teña como obxectivo descubrir o mundo da arquitectura. Queremos que escollades unha obra arquitectónica, que veñades á biblioteca nas vosas horas e busquedes información sobre a súa historia e o seu uso nos nosos fondos ou en internet, para rematar realizando unha maqueta (real ou dixital) co material que queirades (refugallo, plastilina, masa para modelar, escarvadentes, papel..) e unha cartela coa información básica da obra. Podedes facelo por aula, en parellas ou como mellor vos sintades.
Na semana do 3 de abril, de novo un xurado escollerá as mellores creacións. Só os gañadores conseguirán  a Medalla do Premio Internacional de Arquitectura PdB que recompensará as mellores creacións tendo en  conta a súa orixinalidade. Hai 9 medallas esperando...

No hay comentarios:

Publicar un comentario