miércoles, 8 de febrero de 2017

A maleta que ensina a rimar...

Fun ao mercado a mercar café
e a formiguiña subíume polo pé
eu sacudín sacudín, sacudín
mais a formiguiña non paraba de subir.

Así comezou a profe Patricia o seu taller de poesía que usamos como escusa para enviar a Maleta Poeta ás casas dos nenos e nenas de 1º nivel. Na súa maleta poeta hai pechados uns sobres de cores con palabras que acaban convertidas en poemas feitos polos nosos pequenos poetas e poetisas.
Houbo tempo tamén para cantar, xa que a música tamén é poesía, e descubrimos que temos grandes intérpretes entre o noso alumnado de 1º.

Esperamos que esas maletas volvan a fin de curso ben cheas de poesías coa axuda das familias para quedar no andel de "As Nosas Produccións" do que ben orgullosas estamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario