viernes, 3 de febrero de 2017

Xogo de Códigos

Un xogo que vale un PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN. E este premio ten tres nomes propios: Begoña Codesal, Aurora Jove e Luz Pérez... Elas queren que os nosos nenos e nenas aprendan a programar para expresarse, para comprender mellor os contidos científicos e tecnolóxicos, para perder o medo a crear e compartir e para que todos teñan as mesmas oportunidades de acceder a unha alfabetización propia do século XXI.



Con elas prográmase para aprender, para adquirir habilidades e competencias moi importantes para a vida dos pequenos e pequenas codificadores: aprendendo a descompoñer problemas grandes e complexos en outros máis pequenos, a ter unha mente máis lóxica, a desenvolver o pensamento abstracto e computacional, a estimular capacidades verbais e traballo colaborativo... pero sobre todo a fomentar a creatividade, xa que sabendo codificar serán quen de xerar os seus propios contidos dixitais.


Dende a biblioteca queremos darlles as grazas por compartir con nós o seu entusiasmo e a súa capacidade de traballo e, como non, aos mentores e todos os nenos e nenas que asisten ao clube de código no recreo. 
Non queremos rematar esta entrada sen falar tamén de alguén que está sempre na sombra pero sen o que ningún proxecto do noso centro sairía adiante: o noso coordinador TIC Fernando Moreno

É unha honra  traballar aquí. Parabéns!!!! 

5 comentarios:

  1. Non podo estar máis contenta e orgullosa!!! Noraboa chicas!! Un premio máis que merecido!!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa compañeiras ! Que gran traballo !

    ResponderEliminar
  3. Estamos encantados, é un recoñecemento a un traballo ilusionante.
    Moitas grazas pola vosa dedicación. Sodes unha honra para todos e todas.

    ResponderEliminar
  4. Noraboa! Que orgullo!

    ResponderEliminar