viernes, 10 de marzo de 2017

Visita de Pere Tobaruela


Este venres, na nosa biblioteca, o alumnado de 3º nivel tivo a sorte de gozar da visita do escritor de orixe catalá Pere Tobaruela, que xa leva 54 libros publicados, e que nesta ocasión veu falar da súa obra "Cinco horas con Mauro", libro escollido para ler no Proxecto lector neste curso.


O encontro foi moi participativo e Tobaruela, aproveitando as opinións e preguntas dos rapaces, incidiu no tema principal do conto, o acoso escolar, dándolles aos nenos e nenas o mellor consello: diante de calquera problema, a mellor canle para solucionalo e pedir axuda aos que nos rodean: amigos, pais, profesores... 
E como regalo de despedida, deixounos o título do seu último proxecto da brigada das Formig4s que acaba de rematar e que está a piques de publicar: "Misión Tokio". Estamos seguros que imos pasalo estupendamente viaxando a Xapón. Apetecible, non si?

No hay comentarios:

Publicar un comentario