sábado, 29 de abril de 2017

Exame sorpresa na Semana do Libro

Durante o que levamos de ano a Biblioteca estivo a organizar actividades no Territorio das Artes: aprendemos moitas cousas sobre Mondrian, "cazamos" obras de arte emblemáticas da pintura española e edificios famosos coa app de realidade aumentada WallaMe, demos a volta ao mundo con edificios singulares aprendendo o que tiñan dentro, construímos pontes famosas en Minecraft, despois de coñecer a súa historia...


A Semana do Libro foi o tempo de exames para saber canto leva aprendido o noso alumnado de 4º, 5º e 6º nivel. Pero como a biblioteca é un espazo diferente, o exame tamén o foi. Os Mini-Biliotecarios foron os examinadores e a app Kahoot a nosa ferramenta.



Non o puidemos pasar mellor e os resultados tampouco puideron ser mellores: tod@s pasastes con super nota. Parabéns!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario