viernes, 28 de abril de 2017

Semana do Libro na Aula de Contos

Durante a Semana do Libro, na aula de Contos de Infantil, os nosos peques recibiron de novo a visita de Brociños, da man das profes Ana e Montse, que lles proxectaron un conto animado moi divertido: "Roberto e o escultor de nubes".


Este conto narra as aventuras de Roberto, un neno esperto e curioso que pasa as tardes lendo e mirando ao ceo. Un día descobre a un estraño home, que subido nunha longa escaleira, moldea unha nube. Quen será ese personaxe? Que estará a facer?  
Un conto que anima aos nenos e as nenas a ler, unha historia que esperta o desexo de mirar ao ceo e deixar voar a imaxinación.



Despois de visualizar o conto, Brociños expúxonos un novo Brozo-reto para o terceiro trimestre: converternos en escultores! Aceptarían os nosos peques o reto?... Pois claro!
Ademais aproveitamos estas sesións para entregar as Medallas do Premio Internacional de Arquitectura PdB aos gañadores do Brozo-reto anterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario