viernes, 19 de mayo de 2017

As laranxas seguen sendo as máis laranxas


Esta semana, co gallo da celebración das Letras Galegas, os nenos e nenas de 6º nivel decidiron homenaxear a Carlos Casares representando unha das súas obras máis coñecidas dirixida ao público infantil: a divertida e engaloiante peza teatral "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Unha historia saborosa, coma o zume das boas laranxas.

Pola Aula de Contos foron pasando ao longo de toda a semana os compañeiros de Educación Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Tras rematar as representacións, podemos dicir que foi todo un éxito: todos aplaudiron a rabiar e houbo ata quen pediu "outra".


Noraboa a todos os actores e actrices que formaron parte deste divertido proxecto! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario