Hoxe Concha Blanco visitou ao alumnado de cuarto nivel de Primaria para contarnos como unha profesora de galego chegou a converterse en escritora.
Falou da súa obra, 43 libros publicados, pero sobre todo do libro lido polos nosos alumn@s: "Quero que veñan meus pais".
Tamén nos leu un fragmento do seu primeiro libro "Cousiñas para escola", da súa amizade con Carlos Casares... e respondeu amablemente a todas as preguntas que ían xurdindo.
Moitas grazas por acompañarnos Concha! Recibir na nosa biblioteca a unha das escritoras en lingua galega máis coñecidas foi todo un pracer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario