Din que a aprendizaxe no ser humano está intimamente ligada á capacidade para xerar emocións, e se hai un elemento que nos garante esa emoción é o xogo. No noso centro fixemos da gamificación o noso aceno de identidade. Estamos afeitos a xogar. Os nosos cativos recoñecen deseguido ese espazo de xogo. Recoñecen que todos os xogos teñen un patrón cuns protagonistas, unhas regras, misións e retos que cumprir. O escenario é moi familiar. Este ano o xogo chámase MINECRAFT, o xogo dos xogos, onde xuntamos creatividade e emoción, un xogo que coñecen e que lles encanta.
Chegou o momento de compartir con tod@s o traballo que se está a realizar nas aulas de 2º, 4º e 6º nivel de EP. Aquí tedes o noso Sites dos MINECRAFTERS BROZOS onde está recolleito todo o material que elaboramos no centro e os vídeos dos nosos pequenos YouTubers.

No hay comentarios:
Publicar un comentario