viernes, 9 de junio de 2017

Ska, Rap, Rock ….con Uxía Lambona e a Banda Molona

Onte todo o alumnado e profesorado de Ponte dos Brozos achegouse ata o Centro Cívico de Arteixo para quentar os motores de fin de curso e gozar do espectáculo de Uxía Lambona e a súa banda. Este proxecto lúdico, musical e educativo pretende divertir aos nenos e nenas achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip hop...) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular.


A súa presenza escénica enganchou a todos os nosos alumnos e alumnas , non só polos instrumentos da banda senón tamén pola súa posta en escea, decorado e súa vestimenta orixinal dándolle unha volta aos traxes tradicionais galegos. A rapazada gozou moito das súas cancións ben animadas con coreografías e letras moi pegadizas. Pediron a colaboración do público en todo momento, saíron voluntarios para atreverse cun rap e ata levaron a algúns profes ao escenario para facerlle os coros á banda!


No hay comentarios:

Publicar un comentario