miércoles, 14 de junio de 2017

Somos escultores!!

Esta semana tocou pasear polos corredores do cole para ver como van os nosos escultores...  Están traballando duro e a contrareloxo... Canta presión!!


Algo de Granada, unha illa da Polinesia, unha roca con historia, algunha escultura famosa no mundo Minecraft... moito secretismo tamén porque ninguén quere descubrir as súas cartas nesta parte final da partida.
Nós estamos a preparar o xurado formado por Mini-bibliotecarios que o martes da semana que vén encargaranse de valorar todas as esculturas presentadas e de elixir aos gañadores de cada nivel. 
Quen levará o Premio Miguel Angel? Axiña sairemos de dúbidas... Sorte a tod@s!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario