lunes, 2 de octubre de 2017

Premio GSD Innova: "Realidad Virtual y Storytelling. La siguiente generación"

Gustaríanos que nos axudásedes cos vosos votos a difundir o vídeo promocional presentado ao Premio Nacional Fundación GSD de Innovación Educativa co xenial proxecto realizado o pasado curso escolar no noso centro: "Realidad Virtual & Storytelling. La siguiente generación".
Algúns destes mundos en realidade virtual, creados co programa CoSpaces, xa os coñecedes porque foron publicados neste blog ao estar incluídos no noso proxecto anual de biblioteca do pasado ano "Territorio das Artes".


Para iso, todos e todas os que teñades Facebook, buscades GSD Innova e no menú da esquerda clicades en Comunidade. Cando atopedes o vídeo subido pola nosa compañeira Begoña Codesal, se vos gusta, podédelo compartir nas vosas redes sociais, facer comentarios e, por suposto, darlle ao "me gusta" 👍!!

6 comentarios: