Esta semana está sendo moi movida na biblioteca porque a Revolución Robótica esténdese polo pavillón I na celebración da Semana da Robótica.
Un antigo amiguiño, que xa coñecemos de infantil, serviu para comezar a programar secuencias de ordes nun robot: a abella Bee-Bot.
Houbo moito nervio e algún momento de desesperación porque a abella non ía para onde nós queriamos, pero todo formaba parte dun proceso que nos levaba primeiro a pensar coa nosa cabeciña cales eran os comandos que tiñamos que usar para que o Bee-Bot chegara ao seu destino.
Aprendemos que equivocarse é un paso máis no proceso e que enfadarnos non serve de nada. Hai que volver ao principio.
Ao final, todos conseguiron as súas estrelas e un diploma que brillaba con luz propia certificando a súa participación na ERW2017.
No hay comentarios:
Publicar un comentario