martes, 5 de diciembre de 2017

3º Premio GSD Innova para Ponte dos Brozos


Onte recibimos unha moi boa noticia polo terceiro premio GSD Innova ao xenial proxecto "Realidad virtual & Storytelling. La siguiente generación". É unha gran recompensa ao gran traballo realizado polas nosas compañeiras Begoña, Aurora, Sonia, Patricia, Luz e Raquel xunto ao noso coordinador TIC Fernando. Parabéns a tod@s!!!
O xurado destacou deste proxecto “o uso da tecnoloxía como medio de expresión creativa e de comunicación de forma interdisciplinar. Este enfoque permite desenvolver múltiples competencias baseadas na xeración de novas linguaxes”.

3 comentarios: